domingo, 30 de marzo de 2008

Os alumnos-as do terceiro curso de primaria estiveron estes dias recordando o pintor VAN GOGH. Fixeron uns cadros case igual co xenial pintor. Se pensades que non é certo ,mirade a súa exposición.

PARA VER A VAN GOGH MIRA O SEGUINTE VIDEO

jueves, 27 de marzo de 2008

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O vindeiro 2 de abril celébrase o dia do nacemento dun dos mais grandes autores de contos que houbo ata o momento HANS ANDERSEN.



Busca por diversos medios os titulos dos libros de ANDERSEN, e conta cantos liches.Seguriño cun montón!

martes, 25 de marzo de 2008

BINTA E A GRAN IDEA
Binta ten sete anos, vive nunha preciosa aldea no sur de Senegal e vai á escola. A súa prima Soda non ten a mesma sorte. A ela non se lle permite aprender as cousas que ignora deste mundo, non se lle permite ir á escola por ser muller.

lunes, 17 de marzo de 2008

'Bemol Pispante y el misterio Stradivarius


'Bemol Pispante y el misterio Stradivarius

Bemol Pispante é un ratiño namorado da música que vive nun grande piano de cola pero ten que volver á súa rateira para non poñer en perigo os seus conxéneres. Non obstante, en canto escoita o pianista tocar, non pode evitar achegarse máis e máis ao piano...

sábado, 15 de marzo de 2008

O neno co pixama a raias.


Se tes pensado ler este libro o primeiro que tes que facer é non ler nada do que se escriba sobre el. Será como unha cita a cegas. Terás que confiar en min ou en algún amigo ao que só debes deixarlle que che diga si cho recomenda ou non. Calquera outro dato non fará máis que ir estragando a túa posible lectura. O relato está construído dende a... ¡Xa o estou desgraciando!A lectura deste libro tráeme á cabeza un xogo cinematográfico, que recomendo aos coleccionistas de sensacións e aos amigos das sorpresas. Regálate unha sorpresa. O xogo consiste en entrar nunha sala de cine sen saber que é o que proxectan. De entrada xa é como unha máquina do tempo avariada, non sabes onde te vai deixar. Nas gradas dun circo da Roma imperial, nun deserto africano do século XIX, nunha nave espacial perseguindo androides defectuosos... Todo é posible. Unha viaxe alucinante. Pero este xogo ten un perigo e é que se entras ó chou nun cine calquera, en contra do que parece, pérdese o factor sorpresa xa que tes un alto índice de probabilidades de asistir á porcallada cinematográfico da semana, Chico soba chica, chico asasina chicas o chico salva mundo. Que xa será moito salvar, e ademais ¿Quen che pediu que o salvaras pastrán?. O que ten o mundo é que sempre ten xente disposta a salvar ós demais... incluso encontra da súa vontade. Eso si que é altruísmo.Pois este xogo é necesario para ler este libro se queres saborealo na forma en que foi planificado. Non é unha obra mestra. Nin pretende selo. É un libro sinxelo con unha esmerada elaboración do armazón para poder crear no lector determinados estados de ánimo e de emoción. É só un libro que hai que ler. É un libro que sabe dicir cousas importantes sen levantar a voz. Un libro onde as preguntas retumban e están feitas en voz baixa.

viernes, 14 de marzo de 2008


Made in Galiza, de Séchu Sende


XORNAL I Vigo.- Con espírito rebelde e unha imaxinación literaria rebordante, Séchu Sende entra a cachón no tema da lingua no seu novo libro, titulado Made in Galiza. A lingua como o produto máis rico e mellor elaborado da Galiza, a lingua como creación, non como corsé, a lingua como espazo de comunicación no que todos interveñen e todas teñen algo que dicir. Este libro de relatos, escrito desde a máis absoluta falta de prexuízos, revira as situacións, dálle a volta aos problemas e encara a situación da lingua galega coa liberdade que lle outorga o humor e un pulo narrativo extraordinariamente orixinal.

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve sorprender cun libro de relatos que interioriza e fai súa a situación do galego como lingua en permanente conflito. Historias orixinais, que non se deteñen ante os tópicos lingüísticos e literarios, que lles dan a volta, que os reviran, para facer das supostas debilidades as grandezas e a forza dun proxecto literario que quere intervir na realidade, que se compromete e esixe que o lector se comprometa pero que o fai coas armas do humor, a imaxinación e a literatura viva, directa, concibida como liberdade das lectoras, dos lectores, e do escritor.

A narración como espazo lúdico, o xogo como transgresión e método para implicarse na realidade. Séchu Sende refuga a literatura como escape, todo o contrario, volve a ela desde a liberdade para propoñer cambiar a realidade. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.

jueves, 13 de marzo de 2008

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA



As vacacións de SEMANA SANTA abarcan dende o venres 15 de marzo ata o lúns dia 24 inclusive. As clases ,polo tanto, reanudaránse o martes 25 de marzo.

domingo, 9 de marzo de 2008

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?




sábado, 8 de marzo de 2008

O PORQUÉ DIA DA MULLER......


NOVA YORK. O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora en moitos países, aínda que uns teñen máis que conmemorar que outros. O concepto de muller traballadora xorde a finais do século XIX nos países industrializados.
Popularmente dáse por feito que a orixe da «festa», por chamalo así, é un incendio cruelmente provocado o 8 de marzo de 1908 nunha fábrica téxtil de Nova York para desaloxar as obreiras encerradas para reclamar mellores condicións laborais.
Morreron 146 mulleres, di a lenda.
¿E os feitos, que din? Ninguén nega que nalgún momento a principios do século XX morreron moitas mulleres nunha fábrica téxtil de Nova York. Pero as distintas fontes non se poñen de acordo nin no nome da fábrica, nin no ano, nin sequera no día.
Hai mesmo quen obxecta que o 8 de marzo de 1908 foi domingo, un día ben raro para declararse en folga, mesmo nas condicións laborais infrahumanas da época.
Esas mulleres facían quendas de entre doce e catorce horas cobrando entre
seis e sete dólares á semana. Algunhas non tiñan máis de trece anos. Traballaban rodeadas de material altamente inflamable e sen ningunha medida de seguridade.
A iluminación era de gas, os homes fumaban, etc.
Hai quen sostén que a verdadeira data do tráxico incendio foi moito
antes, en 1857. E hai quen o atrasa ata o 25 de marzo de 1911, que é a versión mellor documentada, inspirando películas, cancións, novelas e unha morea de referencias na cultura popular americana.
O escenario foi o Triangle Shirtwaist Factory e o que aconteceuconsidérase o desastre máis grande na cidade de Nova York ata o 11-S.
Tamén como ese día se viviron escenas dantescas: das 148 persoas mortas, 62 botáronse polas ventás do noveno piso da fábrica, ao verse atrapada polo lume.
Os bombeiros chegaron enseguida pero só para descubrir que máis alá do
sexto piso non había nada que facer. Houbo quen morreu no tumulto causado polo pánico e houbo quen se tirou polo oco do ascensor.
A cidade quedou arrepiada. Os donos da fábrica foron absolvidos de responsabilidade penal pero tiveron que facer fronte á civil:
75 dólares por cada morta.