miércoles, 30 de abril de 2008

Para celebrar o día do libro fixemos varias actividades ao longo da
semana, entre elas, ir á biblioteca municipal para saber como están colocados o libros e tamén que libros hai. Levamos algúns libros feitos por todos os alumnos de primaria do cole.Os
maiores fixeron o texto, 2º e 3º ciclo os debuxos do conto e os de
infantil a portada.
O día do libro, quitamos libros ao patio para lelos ao aire libre.Os
profesores déronnos unha piruleta ao coller o libro que queriamos ler,
xa que como todos sabedes,... ¡nada máis doce ca un libro!
Foi unha experiencia marabillosa, pasámolo moi ben, e xa lle pedimos
aos profesores volver facelo o vindeiro ano.

Agora podedes ver as fotos. (biblioteca municipal)




domingo, 27 de abril de 2008

PEPE DE CAITANA E AS GALIÑAS

A Pega Rabilonga e outras hisorias de tesouros , de ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, foi publicada no ano 1971.É a historia número 20 da colección O Moucho, de Edicións Castrelos . O volume está composto por cinco relatos: "A GAVILLA","A PEDRA", "A ESMERALDA", "A FUMAS" e "A PEGA RABILONGA" que lle dá título ao libro e da que nós, os alumno@s de 6ºB , interpretamos gráficamente os seus primeiros fragmentos.

OBRAS DE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Libros de Xosé María Álvarez Blázquez
A pega rabilonga. Os ruíns

O que ben che quer

Canle segredo

Poesía Galega Completa

Roseira do teu mencer

miércoles, 23 de abril de 2008

PREMIO CERVANTES 2008


JUAN GELMAN



MI BUENOS AIRES QUERIDOS

Sentado al borde de una silla
desfondada, mareado, enfermo, casi vivo,
escribo versos previamente llorados por la
ciudad donde nací.Hay que atraparlos, también
aquí nacieron hijos dulces míos que entre tanto
castigo te endulzan bellamente.

Hay que aprender a resistir.
Ni a irse ni a quedarse,
a resistir,
aunque es seguro
que habrá más penas y olvido.

martes, 22 de abril de 2008

A XANELA DO MAXÍN




A semana pasada estiveron os títeres da compañía, A XANELA DO MAXÍN , no noso colexio.Eran moi simpáticos e pasámolo moi ben con eles. Se queres saber máis pincha aqui

domingo, 20 de abril de 2008

ETAPAS DA VIDA DE ÁLVAREZ BLÁQUEZ.

Aquí tedes algunhas fotos de Xosé Mª Álvarez Blázquez,dende a súa infancia ata o seu final.



EDITADO POR SEMINARIO GALÁN.

miércoles, 16 de abril de 2008

DIA DAS LETRAS GALEGAS


Xosé María Álvarez Blázquez será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008

Foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folklore e a prehistoria e foi o cofundador da primeira editorial no noso idioma. Son algúns dos méritos polos que Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) acaba de pasar a engrosar a listaxe dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega decidiu que o 17 de maio do 2008 honre a súa figura.




Xosé María Álvarez Blázquez

(Tui 1915-1985)

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.

E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles -
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡

miércoles, 9 de abril de 2008

FERMOSAS ILUSTRACIÓNS





Pincha nos ollos para ver máis ilustraccións doutros libros

POESIA Á LENTIÑA

A TARTARUGUIÑA.
A Tartaruguiña
é fermosura.
A Tartaruguiña
é pequeniña.
A Tartaruguiña
é orfiña.
A Tartaruguiña
non ten madriña.
E un día
a Tartaruguiña perdeu
a súa tía.
A Tartaruguiña
non foi a escoliña.
MIKAELA 4º A


domingo, 6 de abril de 2008

O MARABILLOSO MUNDO

Aqui tedes o traballo que fixemos os alumnos-as de 6º de primaria en torno o marabilloso libro : MAGO DE OZ. O Traballo xurde a raíz do noso disfraz deste ano. Acordádevos? . Iamos de personaxes do libro: HOME DE FOLLA DE LATA, BRUXAS, MAGO DE OZ, ESPANTALLO,DORITA....

miércoles, 2 de abril de 2008

23 DE ABRIL. DIA DO LIBRO

O 23 de abril de 1616 finou CERVANTES e nesa mesma data nace SHAKESPEARE, dous escritores fundamentais no mundo das Letras . Por este motivo nesta data celébrase o Día do Libro.A biblioteca organizará diversas actividades para lembrar a importancia da lectura nas nosas vidas .Destas actividades xa teredes informacíon nas vosas clases

COÑECES EUROPA?