viernes, 23 de mayo de 2008

O PUNTILLISMO EN 1º

A arte en primeiro: O PUNTILLISMO

Despois de ler o libro que atopamos na biblioteca: Carlota descubre a los impresionistas., xurdiu un novo espíritu nas nosas aulas.
Coñecimos a Monet, Renoir e Degas. Coñecimos os seus cadros: El almuerzo, Campo de amapolas, Niña con la regadera, La primera salida de noche, Bailarinas.
E o máis importante, coñecimos as suas técnicas
Grazas os impresionistas aprendimos unha nova forma de pintar:

O puntillismo..




jueves, 22 de mayo de 2008

DICIONARIO GALEGO IR INDO


Para celebrar o Día do Libro, Ir Indo Edicións presentou onte a versión en liña do seu Dicionario de galego, que está dipoñible para calquera consulta no enderezo http://www.digalego.com/diccionario/html/index.php.

Este recurso, que está na fase de probas, está formado por máis de 65 000 entradas e engade algúns contidos á versión en papel, como as formas en español, portugués e inglés de cada entrada e mesmo fraseoloxía.

Deste xeito, o Dicionario Ir Indo en liña é, até o de agora, o máis importante publicado na rede, pois para alén do seu número de entradas, está adaptado á nova normativa

miércoles, 21 de mayo de 2008

CELEBRÁMOLO DIA DAS LETRAS GALEGAS COS XOGOS POPULARES

Se resulta difícil chegar a unha definición precisa do xogo, enumerar as características específicas do xogo popular acaba por ser máis doado, deixando á marxe as pequenas diverxencias entre os estudosos sobre os conceptos xogo popular e xogo tradicional -o xadrez sería un xogo tradicional, mais non un xogo popular; un xogo inventado polas novas xeracións de rapaces sería co transcorrer do tempo un xogo popular, mais non un xogo tradicional-.
Xogo popular é, polo tanto, aquel xogo nacido no seo dunha determinada comunidade para dar satisfacción ás súas necesidades lúdicas, necesidades inevitablemente marcadas polo seu modo particular de vida.
Máis alá da propia vertente lúdica, esta sinxela definición agacha tras si unha grande transcendencia cultural. Os xogos populares forman parte da cultura da comunidade en cuestión como creación propia e singular. Alén diso, porén, debe tamén ser destacada de contado a segunda grande característica do xogo popular, precisamente pola súa transcendencia educativa. Os xogos populares, por constituíren unha creación cultural orixinal, son -foron- transmitidos de xeración en xeración, de pais a fillos, de avós a netos, implicando esta transmisión unha interrelación entre adultos e nenos dun grande valor educativo.




martes, 20 de mayo de 2008

AS LETRAS PODEN DAR

BUSCÁDEO NA BIBLIOTECA


O misterio dos fillos de Lúa
(a partir de 8 anos)
Fina Casalderrey
Ediciones SM
O Barco de Vapor - Serie Laranxa
David -un neno de oito anos- xunto coa súa noiva Branca -de nove anos- tratan de descubrir a razón de que os fillos da súa gata Lúa (que parirá na súa presencia) desaparezan cada vez que ten unha camada. A súa bisavoa, como xa é moi maior, dille que o seu pai enterrounos na veiga. Pero existen outros sospeitosos, como o señor Indalecio... Terán que poñer trampas e estar atentos ás pegadas do posible ladrón de gatos.

sábado, 17 de mayo de 2008

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Este curso tivemos a grande sorte de celebrar o día das LETRAS GALEGAS
cun dos netos de ÁLVAREZ BLÁZQUEZ.E profesor na E.S.O. , e veu á nosa clase para falar do seu avó.Foi moi interesante. Dende aquí querémosllo agradecer

martes, 13 de mayo de 2008

POR QUE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida no 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen por su creación literaria en idioma galego ou pola sua defensa nosa lingua. Cada ano adicase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que é preciso alo menos des anos dende o su falecemento. Dende a instauración desta celebración cultural, somente no 1998 houbo unha dedicación conxunta ós poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas suas cantigas.
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ése, no 1863, publicouse en La Habana o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio del "Rexurdimento", o rexurdimento cultural do galego.





HOMENAXEADOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DENDE O SEU COMENZO
1963 Rosalía de Castro 1964 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1965 Eduardo Pondal 1966 Francisco Añón Paz
1967 Manuel Curros Enríquez 1968 Florentino López Cuevillas
1969 Antonio Noriega Varela 1970 Marcial Valladares Núñez
1971 Gonzalo López Abente 1972 Valentín Lamas Carvajal
1973 Manuel Lago González 1974 Xoán V. Viqueira Cortón
1975 Xoán Manuel Pintos Villar 1976 Ramón Cabanillas
1977 Antón Vilar Ponte 1978 Antonio López Ferreiro
1979 Manuel Antonio 1980 Afonso X o Sabio
1981 Vicente Risco 1982 Luis Amado Carballo
1983 Manuel Leiras Pulpeiro 1984 Armando Cotarelo Valledor
1985 Antón Lousada Diéguez 1986 Aquilino Iglesia Alvariño
1987 Francisca Herrera Garrido 1988 Ramón Otero Pedrayo
1989 Celso Emilio Ferreiro 1990 Luis Pimentel
1991 Álvaro Cunqueiro 1992 Fermín Bouza-Brey
1993 Eduardo Blanco Amor 1994 Luis Seoane
1995 Rafael Dieste 1996 Xesús Ferro Couselo
1997 Ánxel Fole 1998 Martín Códax, Xohán de Cangas e Mendinho (en conxunto, autores de cantigas medievais)
1999 Roberto Blanco Torres 2000 Manuel Murguía
2001 Eladio Rodríguez 2002 Frei Martín Sarmiento
2003 Antón Avilés de Taramancos 2004 Xaquín Lorenzo
2005 Lorenzo Varela 2006 Manuel Lugrís Freire
2007 María Mariño Carou 2008 Xosé María Álvarez Blázquez


PINCHA EN CA ÚN DELES PARA SABER MÁIS.