domingo, 26 de octubre de 2008

CHEGA O SAMAÍN





A NOSA BIBLIOTECA mete moito MEDOOOOOOOOOOOOO...........!


Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

E ti. Cómo nos vas a meter medo?



miércoles, 22 de octubre de 2008

POEMAS DE OUTONO

PREMA NO CADERNO PARA VER AS IMAXES MÁIS GRANDES.


domingo, 19 de octubre de 2008

O DEDO MÁXICO DE ROALD DAHL


Os alumnoa de 5º de primaria rematamos de ler o libro "O DEDO MÁXICO".


Unha nena de oito anos ten un don incrible: posúe un dedo máxico que, cada vez que non pode aguantar unha situación, apunta á persoa que chegou a irritala, transformándoa


Gustounos moito porque nos axuda a reflexionar sobre o maltrato dos homes cara aos animais, matándoos simplemente por puro desfrute.

domingo, 12 de octubre de 2008

PREMIO NOBEL DE LITERATURA


Jean-Marie Gustave Le Clézio

Jean-Marie Gustave Le Clézio (abreviado J.M.G. Le Clézio), nacido o 13 de abril de 1940 en Niza, é un escritor franco-mauricio. Coñece moi pronto o éxito coa súa primeira novela Le Procès-verbal, publicada en 1963. Influído polas súas orixes familiares, polas súas viaxes, e o gusto polas culturas amerindias, J.M.G. Clézio é principalmente coñecido polas súas novelas Désert e Le Chercheur d'or, pero é tamén autor dunha corentena doutras obras de ficción (novelas, contos, noticias) e ensaios. En 2008 foille concedido o Premio Nobel de Literatura, como "escritor de novas saídas, da aventura poética e da éxtase sensual, explorador dunha humanidade máis aló e debaixo da civilización reinante".
Biografía
Jean-Marie Le Clézio é fillo de Raoul Le Clézio, cirurxián, e de Simonne Le Clézio, a súa curmá (os dous son netos de Sir Eugène Le Clézio) e proveñen dunha familia bretoa emigrada á illa Mauricio no século XVIII cando sofren a colonización británica. Escribe ao sete anos un primeiro libro sobre o mar. Unha longa viaxe na cabina do barco que o conduce coa súa nai a Nixeria onde vai reencontrar ao seu pai que é médico na selva. Prosegue estudos no colexio literario universitario de Niza, e despois dalgúns anos en Londres e Bristol, fáise profesor nos Estados Unidos.
Sen deixar de escribir desde os sete anos, alcanza a fama aos 23 cando aparece Le Procès-verbal, polo cal recibe o premio Renaudot en 1963.
De 1963 a 1975, as novelas e os ensaios de Le Clézio exploran os temas da tolemia, a linguaxe, a escritura, coa intención de explorar certas posibilidades formais e tipográficas, na liña doutros escritores da súa época (Georges Perec ou Michel Butor). Clézio ten entón unha imaxe de escritor anovador e rebelde que lle vale a admiración de Michel Foucault ou Gilles Deleuze. En 1964, estuda a soidade na obra de Henri Michaux, tema da súa memoria para o Diploma de Estudos Superiores.

lunes, 6 de octubre de 2008

DIA DO DOCENTE

A nosa homenaxe para todas as mestras e mestres, profesoras e profesores,
que dignifican co seu exemplo esta apaixonante profesión, e que, ao mesmo tempo, día a día, loitan dende a aula, por mellorar as condicións de traballo do sector docente e a calidade do ensino público.

NORABOA!