viernes, 30 de octubre de 2009

Contos no samaín



E aqui estamos os de 6º contando contos no samaín. Bueno eso de medo e un dicir, xa que nos deron máis risa que medo, pero pasámolo moi ben.

domingo, 25 de octubre de 2009

XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


CASSANY NA SÚA INTERVENCIÓN


Este fin de semana celebróuse en Santiago as Xornadasde Bibliotecas Escolares, as cales este ano levaban o lema de "NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES". O blog O SEGRAL DO PENEDO relátanos de maneira completa todo o que foron estas xornadas. Pinchade no enlace de dito blog. Agradecémoslle ao SEGRAL DO PENEDO o seu traballo tan ben feito.






A NOSA LINGUA GALEGA



















Máis de 50.000 personas, entre as que se atopaban os líderes da oposición parlamentaria e o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, rexeitan en Santiago a política lingüística da Xunta e
reclaman o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística








.

CHEGA O SAMAÍN!!!

<
Xa estamos preparando a festa terrorífica do SAMAÍN.
Ter moito coidado, xa que pode haber moooooitas sorpresas. UH .... !!! que medooooooooo!





<

viernes, 23 de octubre de 2009

Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 2009



Actualidade Bibliotecas escolares Os vindeiros 23-24 de outubro, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), nova cita para as profesoras e profesores que andan a erguer pequenas utopías polo país adiante: as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 2009. Nesta ocasión o tema central das xornadas será "NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES". Falar de lectura no contexto educativo, hoxe en día, é falar das "novas formas de ler", os novos ou non tan novos soportes, os cambios sociais e tecnolóxicos que indefectiblemente forzan, tamén, a introducir e asentar cambios metodolóxicos e de enfoque nas prácticas de lectura e escritura nos centros. Daniel Cassany, Glória Durban, Tíscar Lara, Guadalupe Jover, Luis Iza, e representantes de centros de ensino de Galicia que están a desenvolver Proxectos lectores de interese, conforman o programa dunha actividade anual que prevé reunir a 1.200 participantes de toda Galicia, todos eles profesores en activo.

martes, 20 de octubre de 2009

martes, 13 de octubre de 2009

QUEN É O AUTOR?

Neste slide tes obras de tres pintores moi importantes da idade moderna,VELÁZQUEZ,MURILLO E O GRECO. Pon nome e autor a cado cadro