domingo, 28 de febrero de 2010

8 DE MARZO

POÑAMOS UN POUQUIÑO DE HUMOR. PERO ,E GRACIOSO O UNHA REALIDADE EN MOITOS FOGARES?






DIA DA MULLER TRABALLADORA

A súa orixe remóntase a un terrible suceso acaecido en Nova York en 1908. Un grupo de mulleres traballadoras, costureras industriais, de grandes fábricas declaráronse en folga para protestar polas súas condicións laborais. Reivindicaban aumento dos salarios, redución da xornada laboral e o fin do traballo infantil. Durante esta folga pacífica, 146 mulleres morreron queimadas nun incendio, ao parecer provocado polo propio empresario, na fábrica Cotton Textile Factory.
En 1909 celebrouse por primeira vez nos EEUU o día da muller traballadora respondendo a unha declaración do Socialist Party of America. Este día, 8 de marzo, foi proposto en 1910 como día internacional da muller traballadora durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Dinamarca. En 1911, ao ano seguinte e en resposta a este decreto, máis dun millón de mulleres e homes europeos participaron en manifestacións por demandas de igualdade para a muller.
O 8 de marzo de 1977 a oficina dos Nacións Unidas declarou O Día Internacional de Mulleres Traballadoras, Como curiosidade dicir, que a cor elixida para representar os esforzos das mulleres é o lila, era a cor do tecido que estaban elaborando as mulleres que morreron.







martes, 16 de febrero de 2010

Si queredes ver máis fotos e videos do desfile, podedes ir a páxina do centro. centros.edu.xunta.es/cpicovaterrena

domingo, 14 de febrero de 2010

Sabes por que se celebra o San Valentín? Sabes cal é a súa historia?
Si facedes clic no debuxo de CUPIDO atoparedes un Xogo de Preguntas moi interesante. Tedes que ler, investigar, para despois contestar....






Preme na imaxe

ENTROIDO 2010

E aquí están as fotos do NOSO ENTROIDO, adicado este ano as diferentes culturas. Indios, hawuayanos, mexicanos e chinos

ENTR

domingo, 7 de febrero de 2010

ORIXEN DO ENTERRO DA XARDIÑA


Hai dúas versións.
A primeira explícanos que a costume de enterrar a sardiña naceu fai tres séculos en Madrid durantes as festas que se celebraban para anteceder á Coresma. Ese mércores reuníase a xente no campo e o que se enterraba, en efecto e como reclama a lóxica, non era un peixe (permitido na vixilia da Coresma), senón un porco aberto en canal (ou un costillar) ao que se chamaba cerdina A tradición foise estendendo por outros pobos e cidades do país que adoptaron o costume de oído, e confundiron os termos de modo que a cerdina acabou en sardiña, e así, pola vía da confusión lingüística (o que os doctos da filoloxía chaman etimología popular, a sardiña converteuse sen dúbida na protagonista multitudinaria do final das festas de entroido. Outros din que o costillar poido recibir tamén o nome de sardiña, en alusión á súa forma.
A outra versión desta historia conta que o rei Carlos III (1759-1788) quixo celebrar o final do Entroido co pobo chairo e ordenou traer sardiñas para tal celebración. Foi un día moi caloroso, atípico para a época do ano na que se atopaban. Debido á calor, as sardiñas descompuxéronse e para alexare o cheiro que estas desprendían a comitiva decidiu enterrar o peixe na Casa de Campo , nas proximidades da Fonte de Tézaa. Ramón de Mesonero Romanos, nos seus Escenas matritenses, refírese ao Entroido de 1.839, e dinos que a comitiva descendía desde o Madrid castizo ata o río Manzanares que se cruzaba pola Ponte de Toledo. Esta versión parece a máis lóxica, pois quen se ía a desfacer así como así, cos tempos que corrían, dun porco.
Fóra como fose o seu orixen, o que é seguro é que este enterro, fóra dunha sardiña ou de unha cerdiña, viño a substituír, a principios do XIX, aos seculares enterros do Carnaval, personificado este en forma de peleles, espantallos ou monicreques


O ENTERRO DA XARDIÑA BAIONA2009

miércoles, 3 de febrero de 2010

Festa do DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da PAZ, todos os alumnos e profesores fomos ao pavillón municipal a participar nos xogos non competitivos.O OBXECTIVO DESTAS ACTIVIDAES é
o facilitar a difusión e recompilación internacional e intercultural de xogos que permitan desenvolver actitudes e valores relacionados coa educación para a paz (cooperación, axuda, autoestima, confianza e outros) para nenos e nenas de idades e ámbitos educativos diferentes. Deséxase dar cobertura ás dinámicas cooperativas que promovan a educación para a paz e presenten alternativas á resolución violenta dos conflitos.