miércoles, 27 de octubre de 2010


preme na imaxe para
facelo máis grande.
• Chega a noite máis terrorífica done. Manda postais aos teus amigosPincha aquí.

jueves, 7 de octubre de 2010



A academia sueca concedeu o premio Nobel de Literatura ao escritor peruano Mario Vargas Llosa. O autor de obras como "A Festa da Chiba" ou "A cidade e os cans" é o primeiro autor en lingua española que recibe este galardón desde que en 1990 non gañase o mexicano Octavio Paz. O premio, que lle será entregado o próximo día 10 de decembro en Estocomlo, está dotado cun millón de euros. A próxima novela de Vargas Llosa, O soño do celta, será publicada o próximo día 3 de novembro.



lunes, 4 de octubre de 2010

BAIONA EN OUTONO


Propoñémosche que como estamos xa no outono, fagas de reporteiro fotográfico e que mostres as túas instantáneas da vila , na devandita estación.

domingo, 3 de octubre de 2010

CHEGA O MAGOSTO.


A orixe do Magosto :

En novembro ten lugar en Galicia o magosto. Sempre se puido celebrar na casa, á beira do lume do fogar, nalgún recuncho do pobo; pero o seu lugar orixinario foi o monte.
Os celtas non tiñan templos no sentido latino da palabra templum; celebraban as súas festas e as súas cerimonias rituais nun claro do bosque. Resulta, pois, por unha razón ou outra, que «o bosque e o templo eran, para os celtas, nocións equivalentes ou intercambiables» . «Os galegos non teñen templos senón natureza» (V. Risco).