jueves, 18 de noviembre de 2010

Concurso de postais Navideñas




Trátase dun concurso organizado pola Asociación de veciños do Casco Histórico de Baiona (CA.HI.BA.) para aumentar o interés dos nenos neste barrio do seu pobo.
Pretenden editar unha serie de postais navideñas para felicitar as festas e utilizar os mellores debuxos dos nenos que participen no concurso para ilustrar ditas postais.


BASES:
1. Concurso de debuxo de postais navideñas co tema “As árbores de Baiona no Nadal”.
2. Os debuxos entregaranse en soporte A4, utilizando técnica libre e identificándoos pola parte de atrás co nome e apelidos do autor, idade, curso e colexio o que pertenence.
3. Así mesmo será necesario que aparezcan os nomes das árbores e si é posible a súa localización. (rúa, barrio, colexio, parroquia…)
4. Poderá participar todo o alumnado de primaria do concello de Baiona baixo a supervisión dun adulto.
5. A data límite de entrega será o día 10 de decembro de 2010, serán os profesores titores os que recollerán os traballos. Os delegados de 5º e 6º de primaria levarán todos os traballos as oficinas de “Atención ao ciudadán” do Concello de Baiona.
6. A asociación CA.HI.BA. elexirá de entre todos os traballos un gañador que servirá como ilustración para editar unha serie de postais navideñas.
7. O xurado poderá otorgar mencións especiais a aqueles traballos que destaquen polo interese prestado e a calidade da presentación.
8. Todos os traballos serán devoltos os seus donos o finalizar o concurso e non poderán usarse con outros fins.
9. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.



¡¡¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!




O Quixote interactivo



domingo, 14 de noviembre de 2010

ORDENADORES NAS AULAS

O venres recibimos os equipamentos do plan Abalar. Nos próximos días procederase á instalación dos encerados dixitais, servidor de centro, puntos de acceso wifi, etc.

Actalmente estamos a realizar o primeiro curso de formación de coordinadores/as Abalar nos centros que se incorporan á primeira fase deste programa. A formación do profesorado que imparte docencia nas aulas Abalar (5º de Primaria e 1º de ESO) comezará este mesmo mes. E, segundo anuncia a Consellería, tamén se formará ás familias implicadas no proxecto, á inspección e ao profesorado que non pertence ás aulas ABALAR.