martes, 29 de marzo de 2011

Clube de lectura.











Algúns dos nosos alumnos/as anímanse a facer algunha suxestión sobre as lecturas que estamos a levar a cabo no noso clube.



  • Laura González González.


Nina y el ojo secreto de la Atlántida es un cuento que le va a encantar a la gente que le gusta vivir aventuras porque en el libro hay muchas aventuras, tristeza y sobre todo alegría.


A mi me gustó bastante por el contenido.





  • Sandra Pichel.

Crepusculo a historia ilustrada. Relata os feitos que lle acontecen a unha rapaza chamada Bella, que acaba de mudarse co seu pai. Alí namorase dun rapaz chamado Edward Cullen, do que descubrirá cousas estrañas. Gustoume moito este libro porque relata os feitos dun amor entre os dous mundos que parece imposible.





    • Iván Alonso


    El libro del poder es un libro de género fantástico, porque trata sobre magos y otros seres increibles. En esta aventura una semimaga llamada Ksar Rooan descubre que su profesor mago Scopo fue asesinado.El asesino quiere apoderarse del libro del poder y nuestro protagonista con la ayuda de Leon intentarán salvar el reino de Vekion.





    domingo, 27 de marzo de 2011

    CONCURSO “Gustaríame ser ... por iso fago...” O Departamento de Orientación do CPI COVA TERREÑA organiza o concurso: “gustaríame ser... por iso fago


    BASES:

    I.Temática: O tema dos traballos pode versar sobre os seguintes aspectos:

    - Inventar un xogo.

    - Realizar un experimento seguindo o método científico (*ver plantilla de aclaracións no anexo I).

    - Compoñer unha canción.

    - Continuar unha historia (*ver o seu inicio no anexo II).


    II. Participantes: Poderán participar no concurso todos os alumnos e alumnas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obligatoria do CPI COVA TERREÑA.

    III. Presentación dos traballos

     Os traballos presentarase en folios formato DIN A-4,Cdrom, DVD ou en calquera outro soporte que o participante crea conveniente, non se establece extensión mínima nin máxima.

     Os traballos que se presenten ao concurso deberán ser orixinais.

     Os traballos presentaranse nun sobre pechado, e no seu exterior indicarase o seudónimo do/a participante. O sobre conterá, o traballo sen que apareza ningún dato identificativo do autor ou autora.

    Noutro sobre pechado, escribirase o seudónimo no exterior, no interior deste deberán aparecer os seguintes datos:

    - Nome e apelidos do participante que realizou o traballo.

    - Seudónimo elixido.

    - Curso

    IV. Lugar e prazo de presentación. Os traballos deberán entregarse na secretaría do centro, rematando o prazo de entrega o xoves 28 de abril ás 14:00 horas.

    V. Selección das obras premiadas. O xurado valorará os traballos presentados de acordo aos seguintes criterios:

    o Calidade do traballo

    o A creatividade e orixinalidade

    O ditame do xurado será inapelable e podería declarar deserto calquera dos premios do concurso, se os traballos non acadan unha calidade mínima.

    VI. Composición do xurado. O xurado estará formado por compoñentes do departamento de orientación. As obra premiadas quedarán en posesión de dito departamento, reservándose todos os dereitos de uso das mesmas.

    VII. Premios: De entre todos os participantes elixiranse catro traballos gañadores, tendo en conta o nivel e etapa pola que se presentasen. As obras gañadoras utilizaranse para aqueles materiais que o Departamento de Orientación considere oportuno. Os premios serán entregados nun acto organizado no mes de maio. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

    ANEXO I: O método científico está baseado nas seguintes fases: - Observación - Recollida de datos. - Clasificación. - Comparación - Conclusións - xeneralización. Imos ver un exemplo de utilización do método científico con relación ao estudo das árbores do noso contorno máis próximo. 1) Observación: observar directamente as árbores próximos a onde vivo. 2) Recollida de datos: recoller desas árbores mostras de follas, froitos ou debuxar ou realizar unha foto da árbore. 3) Clasificación: Nunha cartolina, debuxar a árbore e pegar ao seu lado as mostras recollidas da súas follas, do seu froito ou da súa codia e escribir o seu nome. 4) Comparación: comparar a folla, o froito desa árbore con outras. 5) Conclusións: A través do observado e clasificado chegar ao nome de cada árbore coa axuda do material de consulta. 6) Xeneralización: realizar un traballo (p. ex: un mural) no que aparezan árbores similares aos que medran cerca da túa casa ou do teu colexio.

    ANEXO II Continúa esta historia... O 25 de abril de 1900 naceu en Baiona un neno chamado Luis. Era tímido e coñeceu as dificultades dunha vida dura...

    miércoles, 2 de marzo de 2011

    CLUB DE LECTURA





    Todos os martes na biblioteca de 11:15 a 11:45 faremos a xuntanza do club de lectura
    Participade, contamos con vós.

    Publicaremos os vosos comentarios no noso blog.