martes, 28 de febrero de 2012

FESTA DA ARRIBADA.


Queridos nenos:
Durante as miñas viaxes escoitei que neste fin de semana tiña que vir a Baiona a participar na festa da Arribada, pero.... Que celebramos na Arribada?

Se queredes contestar a nosa amiga e coñecer máis cousas da Arribada só tes que visitar o Recuncho Sabio da túa Biblioteca.

sábado, 25 de febrero de 2012

Aniversario de Rosalia de Castro.



Co motivo do 175 aniversario do nacemento de Rosalia de Castro, publícase unha nova edición do poemario Follas Novas ilustrado por Álvaro de la Vega. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria difundirá a través da Rede de Bibliotecas de Galicia este libro para poder achegar esta obra mestra a tod@s .

Dende a biblioteca do centro queremos tamén recordar a esta escritora coa visita á casa museo de Rosalia de castro.

http://

miércoles, 8 de febrero de 2012

O ENTROIDO XA CHEGOU Á BIBLIO.


Nesta época LEntiña sempre lé contos de piratas e princesas e mergúllase entre as páxinas buscando palabras como máscara, paiaso ou perruca. Os seus libros favoritos son os que lle ensinan a transformarse noutro personaxe empregando maquillaxes e complementos.
Disfruta con todas as ilustracións que acompañan ás historias porque lle axudan tamén a imaxinar o mellor disfraz do mundo.
Como vedes, está rodeada dalgúns dos seus sombreiros.
LEntiña anímavos a que os poñades mentras ledes e disfrutedes destas datas.

martes, 7 de febrero de 2012

Mochilas viaxeiras.

Dende a biblioteca escolar retomamos a actividade das MOCHILAS VIAXEIRAS.
Queremos achegar os fondos da nosa biblioteca ás casas do alumnado e que toda a familia disfrute compartindo estas lecturas .
Nas mochilas encontraredes distintos materiais sobre un tema; despois podedes facer as anotacións que se vos ocurran no caderno de cada mochila.
Esperamos que vos gusten as mochilas deste curso.