MIRADE QUE PINTA TEN ESTE BIZCOITO DE CABAZA.
OS ARTISTAS FORON OS NENOS/AS DE INFANTIL AXUDADOS POR MACU E SOFIA.
BIZCOITO DE CABAZA on PhotoPeach
viernes 4 de diciembre de 2009
jueves 3 de diciembre de 2009
lunes 30 de noviembre de 2009
PREMIO CERVANTES
Unha vida dedicada á literatura

José Emilio Pacheco naceu en Cidade de México en xuño de 1939. Ademais de poeta e prosista consagrouse tamén como tradutor, traballando como director e editor de coleccións bibliográficas e diversas publicacións e suplementos culturais. foi tamén docente universitario e investigdor.
Dá súa obra poética destácanse: Vos elementos dá noite en 1963, Ou repouso do lume en 1966, Non pregúntesme como pasa ou tempo en 1969, Irás e non volverás en 1973, Illas á deriva en 1976, Desde entón en 1980, Traballos non mar en 1983 e Como a choiva.

A SEMANA DA FROITA

Ao longo desta semana estivemos gozando todo o colexio da merenda saudable. Cada dia comiamos diferente froita e cada cal máis sabrosa: PÁTANOS, ANANÁS, MAZÁS, PERAS, LARANXAS.Esperamos facelo pronto de novo. Moita grazas aos profesores pola sú colaboración.
RECEITA DE FROITAS
MACEDONIA DE FROITAS
INGREDIENTES:
-As froitas que teñas ben lavadas. Canta máis variedade, ¡mellor! Pero que non se che pase a man na cantidade.
-2 claras de ovo, batidas a piques de neve.
-2 xemas.
-50 gramos de azucre ou máis se o prefires moi doce.
PREPARACIÓN:
1- Curtas toda a froita en pequenos anacos e colócala nun bol.
2- Logo a espolvoreas con azucre ao teu gusto, pero non che vaias a pasar, que é preferible que lle falte a que lle sobre.
3- Metes a macedonia na neveira un intre e xa a tes listo para comer.
Esta receita é deliciosa e o seu segredo está en que cada froita é diferente. Son tan diferentes que ao probar sabores tan distintos que se mesturan na túa boca, a macedonia ten ese sabor especial que a fai tan exquisita. Todas as persoas podemos vivir xuntas en harmonía, para que xuntas gocemos mesturando o mellor que temos cada unha, como o fan as froitas na macedonia.
A CHEGADA DO ROBOT EN BAIONA
Está previsto que a finais deste mes de novembro ou durante o mes de decembro chegue ás costas galegas de Baiona o Scarlet Knight ou cabaleiro escarlata (RU27 no seu nome máis técnico), un robot submarino que chega tras cruzar todo o océano Atlántico. O enxeño empezou a súa viaxe o pasado 27 de Abril cando científicos da universidade de Rutgers (New Xersei) botárono ao mar.
Durante todo este tempo o robot, de 2.4 metros e 57 quilos de peso percorreu máis de 5700 quilómetros, enfrontándose a tormentas, temporais e ata o ataque de luras xigantes.
O cabaleiro pertence ao grupo de robots submarinos coñecidos como planeadores ou gliders que son utilizados para coñecer datos dos nosos océanos tales como velocidade das correntes, temperatura, salinidade, etc.
O funcionamento do robot é relativamente simple, e a efectos prácticos funciona como un submarino normal. O robot parte da superficie desde onde inicia un descenso, tras alagar os seus taques interiores con axuda dun pistón e estabilízase a unha determinada profundidade. Tras isto o robot desprázase axudado polo seu motor e polas correntes ata horas despois cando volve á superficie (realizaría unha parábola debaixo da auga, simplificando moito o tema) para poder transmitir vía satélite os datos recolleitos, a súa posición, etc. e poder recibir ordes desde o centro de control.
O robot presenta aleróns laterais para poder estabilizarse, así como un motor alimentado por baterías de litio e diversos sensores para realizar o seu labor científico.
Este Scarlet Knight (o nome débese ao equipo de fútbol da universidade) é o segundo xa que o primeiro perdeuse o ano pasado cando tras pasar á altura de Madeira entrou auga nas súas baterías.
A chegada ao porto de Baiona tampouco é unha casualidade. En principio o seu destino era a zona de Touriñán, xa que se pretende rememorar a chegada da Pinta a esta localidade.
el robot on PhotoPeach

miércoles 25 de noviembre de 2009
martes 24 de noviembre de 2009
A nosa pequena axuda aos nenos desprotexidos
Save the children é a ONG de infancia máis Antiga e maior do mundo que traballa para a defense e promoción dos dereitos da infancia.
Conta con organizacións en 29 paises que xuntas forman a Alianza Internacional Save the children , con programas de axuda en máis de 100 países, actuando onde é necesario sen importar política, etnia ou relixión.
Traballa en áreas como educación, saúde, nutrición infantil, prevención do abuso, reunificación de nenos coas súas familias tras catástrofes ou guerras, entre outras.
Traballan por un mundo mellor:
Que respecte e valore a todos os nenos e nenas
Que escoite aos nenos e aprenda deles.
Onde todos os nenos e nenas teñan esperanzas e oportunidades.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)