domingo, 7 de abril de 2013

Día Internacional do Libro Infantil .



Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY (  Organización Internacional do Libro Infantil )
promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. Este ano a mensaxe é un poema de Pat Mora.


Este é o mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil  2013 


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidos. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos, ti e eu, dando ser voltas e ser voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


2 comentarios:

  1. Ola bos días:
    Somos os alumnos e alumnas de 3ºB de primaria. Gustounos moito o poema, espero que che veñan moitos libros na primaveira.
    Tamén que a xente se anime a enviar comentarios.
    Nos encantan os teus contos e nos encantaría coñecerte en persoa.
    Gustounos moito a decoración da biblioteca.
    Ata o luns, esperamos que traias novos libros.

    ResponderEliminar
  2. Ola LEntiña:
    Bos días, somos os nenos e neas de 3ºA. A última vez que estivemos na biblioteca vimos os libros novos de poesía.
    Gustanos moito ler os libros e revistas que traes á biblioteca, tamén nos gustou o poema que trouxeches.
    Adeus LEntiña ata outro día.

    ResponderEliminar