sábado, 8 de marzo de 2008

O PORQUÉ DIA DA MULLER......


NOVA YORK. O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora en moitos países, aínda que uns teñen máis que conmemorar que outros. O concepto de muller traballadora xorde a finais do século XIX nos países industrializados.
Popularmente dáse por feito que a orixe da «festa», por chamalo así, é un incendio cruelmente provocado o 8 de marzo de 1908 nunha fábrica téxtil de Nova York para desaloxar as obreiras encerradas para reclamar mellores condicións laborais.
Morreron 146 mulleres, di a lenda.
¿E os feitos, que din? Ninguén nega que nalgún momento a principios do século XX morreron moitas mulleres nunha fábrica téxtil de Nova York. Pero as distintas fontes non se poñen de acordo nin no nome da fábrica, nin no ano, nin sequera no día.
Hai mesmo quen obxecta que o 8 de marzo de 1908 foi domingo, un día ben raro para declararse en folga, mesmo nas condicións laborais infrahumanas da época.
Esas mulleres facían quendas de entre doce e catorce horas cobrando entre
seis e sete dólares á semana. Algunhas non tiñan máis de trece anos. Traballaban rodeadas de material altamente inflamable e sen ningunha medida de seguridade.
A iluminación era de gas, os homes fumaban, etc.
Hai quen sostén que a verdadeira data do tráxico incendio foi moito
antes, en 1857. E hai quen o atrasa ata o 25 de marzo de 1911, que é a versión mellor documentada, inspirando películas, cancións, novelas e unha morea de referencias na cultura popular americana.
O escenario foi o Triangle Shirtwaist Factory e o que aconteceuconsidérase o desastre máis grande na cidade de Nova York ata o 11-S.
Tamén como ese día se viviron escenas dantescas: das 148 persoas mortas, 62 botáronse polas ventás do noveno piso da fábrica, ao verse atrapada polo lume.
Os bombeiros chegaron enseguida pero só para descubrir que máis alá do
sexto piso non había nada que facer. Houbo quen morreu no tumulto causado polo pánico e houbo quen se tirou polo oco do ascensor.
A cidade quedou arrepiada. Os donos da fábrica foron absolvidos de responsabilidade penal pero tiveron que facer fronte á civil:
75 dólares por cada morta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario