miércoles, 16 de abril de 2008

DIA DAS LETRAS GALEGAS


Xosé María Álvarez Blázquez será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008

Foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folklore e a prehistoria e foi o cofundador da primeira editorial no noso idioma. Son algúns dos méritos polos que Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) acaba de pasar a engrosar a listaxe dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega decidiu que o 17 de maio do 2008 honre a súa figura.




Xosé María Álvarez Blázquez

(Tui 1915-1985)

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.

E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles -
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario