miércoles, 4 de junio de 2008


XAVIER ÁLVAREZ VISITOU OS/AS NENOS/AS DE 1º DE PRIMARIA.

Levábamos un par de meses escoitando falar de Xosé Mª Alvarez Blázquez, lendo cousas da sua vida, lendo e escribindo os seus poemas e uns días antes da celebración das Letras Galegas enterámonos de que o seu neto estaba traballando como profesor no noso centro.

A sorpresa e ledicia desta nova foi o que nos animou a invitalo a nosa clase para coñecelo, falar do seu avó, das súas tías, do seu pai e claro del mismo e de nós.
Así foi como o 18 de maio coñecemos en vivo e en directo o neto do escritor que homenaxeamos o día anterior. Queremos agradecer moitísimo a paciencia que tivo para responder a todas as preguntas que lle fillemos e tamén grazas pola lectura tan agradable que fixo dos poemas de Xosé Mª Álvarez.


Esperamos que esta non sexa a única visita que nos faga e ata entón unha aperta moi grande
Grazas Xavier.

No hay comentarios:

Publicar un comentario