viernes, 1 de enero de 2010

BENVIDO 2010

Ademais do Xacobeo, o 2010 foi declarado pola Xunta Ano do Libro e da Lectura. A programación inclúe proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas. Entre as conmemoracións literarias anunciadas para este ano salientan as seguintes:



- Centenario do nacemento das grandes figura da cultura galega do século pasado: GONZALO TORRENTE BALLESTER, LUÍS SEOANE e RICARDO CARVALHO CALERO.

- 125 aniversario do pasamento de ROSALÍA DE CASTRO.

- O Día das Letras Galegas será dedicado ao poeta UXÍO NOVONEYRA.

Por outra banda, está previsto para este ano a apertura da Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

2 comentarios: