domingo, 7 de febrero de 2010

ORIXEN DO ENTERRO DA XARDIÑA


Hai dúas versións.
A primeira explícanos que a costume de enterrar a sardiña naceu fai tres séculos en Madrid durantes as festas que se celebraban para anteceder á Coresma. Ese mércores reuníase a xente no campo e o que se enterraba, en efecto e como reclama a lóxica, non era un peixe (permitido na vixilia da Coresma), senón un porco aberto en canal (ou un costillar) ao que se chamaba cerdina A tradición foise estendendo por outros pobos e cidades do país que adoptaron o costume de oído, e confundiron os termos de modo que a cerdina acabou en sardiña, e así, pola vía da confusión lingüística (o que os doctos da filoloxía chaman etimología popular, a sardiña converteuse sen dúbida na protagonista multitudinaria do final das festas de entroido. Outros din que o costillar poido recibir tamén o nome de sardiña, en alusión á súa forma.
A outra versión desta historia conta que o rei Carlos III (1759-1788) quixo celebrar o final do Entroido co pobo chairo e ordenou traer sardiñas para tal celebración. Foi un día moi caloroso, atípico para a época do ano na que se atopaban. Debido á calor, as sardiñas descompuxéronse e para alexare o cheiro que estas desprendían a comitiva decidiu enterrar o peixe na Casa de Campo , nas proximidades da Fonte de Tézaa. Ramón de Mesonero Romanos, nos seus Escenas matritenses, refírese ao Entroido de 1.839, e dinos que a comitiva descendía desde o Madrid castizo ata o río Manzanares que se cruzaba pola Ponte de Toledo. Esta versión parece a máis lóxica, pois quen se ía a desfacer así como así, cos tempos que corrían, dun porco.
Fóra como fose o seu orixen, o que é seguro é que este enterro, fóra dunha sardiña ou de unha cerdiña, viño a substituír, a principios do XIX, aos seculares enterros do Carnaval, personificado este en forma de peleles, espantallos ou monicreques


O ENTERRO DA XARDIÑA BAIONA2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario