domingo, 21 de marzo de 2010
Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 para promover a poesía como unha forma esencial de cultura. Desde esta organización considérase que o mundo contemporáneo ten necesidades, no terreo da estética, que a poesía pode cubrir a condición de que se recoñeza o seu papel social. Por este motivo, era necesario crear un día específico que servise para mostrar a importancia da poesía á opinión pública. O Día da Poesía é o marco no que se efectúan as accións para soster este xénero literario, valóranse os esforzos dos pequenos editores que intentan entrar no mercado e foméntase a lectura e o coñecemento da poesía.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario