domingo, 3 de octubre de 2010

CHEGA O MAGOSTO.


A orixe do Magosto :

En novembro ten lugar en Galicia o magosto. Sempre se puido celebrar na casa, á beira do lume do fogar, nalgún recuncho do pobo; pero o seu lugar orixinario foi o monte.
Os celtas non tiñan templos no sentido latino da palabra templum; celebraban as súas festas e as súas cerimonias rituais nun claro do bosque. Resulta, pois, por unha razón ou outra, que «o bosque e o templo eran, para os celtas, nocións equivalentes ou intercambiables» . «Os galegos non teñen templos senón natureza» (V. Risco).

No hay comentarios:

Publicar un comentario