CONCURSO “Gustaríame ser ... por iso fago...” O Departamento de Orientación do CPI COVA TERREÑA organiza o concurso: “gustaríame ser... por iso fago
BASES:
I.Temática: O tema dos traballos pode versar sobre os seguintes aspectos:
- Inventar un xogo.
- Realizar un experimento seguindo o método científico (*ver plantilla de aclaracións no anexo I).
- Compoñer unha canción.
- Continuar unha historia (*ver o seu inicio no anexo II).
II. Participantes: Poderán participar no concurso todos os alumnos e alumnas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obligatoria do CPI COVA TERREÑA.
III. Presentación dos traballos
Os traballos presentarase en folios formato DIN A-4,Cdrom, DVD ou en calquera outro soporte que o participante crea conveniente, non se establece extensión mínima nin máxima.
Os traballos que se presenten ao concurso deberán ser orixinais.
Os traballos presentaranse nun sobre pechado, e no seu exterior indicarase o seudónimo do/a participante. O sobre conterá, o traballo sen que apareza ningún dato identificativo do autor ou autora.
Noutro sobre pechado, escribirase o seudónimo no exterior, no interior deste deberán aparecer os seguintes datos:
- Nome e apelidos do participante que realizou o traballo.
- Seudónimo elixido.
- Curso
IV. Lugar e prazo de presentación. Os traballos deberán entregarse na secretaría do centro, rematando o prazo de entrega o xoves 28 de abril ás 14:00 horas.
V. Selección das obras premiadas. O xurado valorará os traballos presentados de acordo aos seguintes criterios:
o Calidade do traballo
o A creatividade e orixinalidade
O ditame do xurado será inapelable e podería declarar deserto calquera dos premios do concurso, se os traballos non acadan unha calidade mínima.
VI. Composición do xurado. O xurado estará formado por compoñentes do departamento de orientación. As obra premiadas quedarán en posesión de dito departamento, reservándose todos os dereitos de uso das mesmas.
VII. Premios: De entre todos os participantes elixiranse catro traballos gañadores, tendo en conta o nivel e etapa pola que se presentasen. As obras gañadoras utilizaranse para aqueles materiais que o Departamento de Orientación considere oportuno. Os premios serán entregados nun acto organizado no mes de maio. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.
ANEXO I: O método científico está baseado nas seguintes fases: - Observación - Recollida de datos. - Clasificación. - Comparación - Conclusións - xeneralización. Imos ver un exemplo de utilización do método científico con relación ao estudo das árbores do noso contorno máis próximo. 1) Observación: observar directamente as árbores próximos a onde vivo. 2) Recollida de datos: recoller desas árbores mostras de follas, froitos ou debuxar ou realizar unha foto da árbore. 3) Clasificación: Nunha cartolina, debuxar a árbore e pegar ao seu lado as mostras recollidas da súas follas, do seu froito ou da súa codia e escribir o seu nome. 4) Comparación: comparar a folla, o froito desa árbore con outras. 5) Conclusións: A través do observado e clasificado chegar ao nome de cada árbore coa axuda do material de consulta. 6) Xeneralización: realizar un traballo (p. ex: un mural) no que aparezan árbores similares aos que medran cerca da túa casa ou do teu colexio.
ANEXO II Continúa esta historia... O 25 de abril de 1900 naceu en Baiona un neno chamado Luis. Era tímido e coñeceu as dificultades dunha vida dura...
No hay comentarios:
Publicar un comentario