Este nao cúmprense 15 anos da morte do poeta galego Lois Pereiro e do Día da Letras Galegas está adicado a el.
Naceu no ano 1958 en Monforte de Lemos o 16 de febreiro. Era fillo dun avogado ao que non lle gustou traballar coma avogado e preferiu montar unha cristalería ; e a súa nai era mestra. Tiña dous irmáns, Xosé Manuel e Inés, e pasaban os veráns no Incio aínda que vivían en Monforte. Contan que os tres irmáns podían comprar libros nas librarías de Monforte porque os seus pais abríranlles unha conta para que puidesen comprar libros sen problemas.
Pereiro comezou a escribir poemas con só 15 anos e canto rematou COU comezou os estudos de Ciencias Políticas e Socioloxía en Madrid, pero como non lle convencía e estaba a desgustado coa súa carreira, decidiu voltar a Monforte cons seus e adicouse á literatura e a traballar co seu pai na cristalería familiar. Namorouse dunha moza chamda Piedad e volveu marchar a Madrid onde estudou francés na Escola de Idiomas e traballou na Filmoteca Nacional e foi alí onde escribiu entre 1975 e 1978 "Poemas para unha Loia",publicado despois da súa morte, e fundou a revista "Loira" xunto co seu irmán Xosé Manuel e cos seu amigos Manuel Rivas e Antón Patiño. Con eles viviu nos anos da transición á democracia e da "movida " así coma viaxou por Centroeuropa.
No ano 1981 contrae unha enfemidade que o consumía e lle paralizaba o corpo sen poder erguerse, nin vestirse só. Os médicos diagnosticáronlle a "Síndrome do aceite de colza desnaturalizado". Nesa época en España vnedues para consumo humano aceite para uso industrial, o resultado foron 18.000 persoas afectadas dunha enfemidade que pouco a pouco ía afectando a todos os órganos do corpo: corazón, pulmóns, figado , riles, estómago... e que levou a morte a moitas persoas.
Esta enfermidade marca o incio dunha nova etapa da súa vida en Galicia (A Coruña) de onde xa cas nunca saíu agás algunha viaxe con Piedad . Participou en varias antoloxías poéticas como "De amor e desamor" e colaborou nas revistas La Naval, Trilateral, Animal + e Luces de Galicia onde coñeza a publicar os oito primeiros capítulos dunha novela que nunca remata chamada "Náufrago no paraiso"na que fala do seu estado. Escribiu "Poemas 1981_1992 publicado no ano 1992.
Entre os anos 1983 e 1987 viaxou por Europa (Berlín, París e Düsseldorf) onde gañaba a vida coma traductor de francés, alemán e ingles e facendo dobraxe en cine e en series de televisión (Dallas, Kung Fu) e dobrando cine porno alemán polo que bromeaba decindo : "É o traballo máis fácil e mellor pagado da miña vida". Converteuse nun ícono do postpunk.
"Poesía de amor e enfemidade" foi seu último libro, despois de descubrir que tiña a SIDA, que escribiu entre 1992 e 1995 e no que describe o estado do seu corpo como "un campo de batalla".
Os seus últimos días pasounos na compañía dos seus familiares e dos seus amigos.
Morreu na Coruña o 24 de maio de 1996 e foi enterrado no cemiterio deo Incio, ao lado da casa familiar na que pasaba os veráns da súa infancia, sobre a súa lousa pide. "Unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".
Na súa vida Lois Pereiro tivo fama de poeta maldito por iso durante anos non se publicaron as súas obras. Falábase de que era un autor de minorías, de culto e grazas ós seus amigos, Manuel Rivas e Antón Patiño entre eles, lograron publicar a súa obra en galego, castelán, catalán e vasco; e reclamaron que se lle adicase o Día da Letras Galegas. A Real Academia Galega presidida por Méndez Ferrín, decidíu en maio de 2010 adicarlle este ano 2011 e definiuno coma "Autor de amplas minorías que abríu o camiño a nova poesía galega". Manuel Rivas dixo: "Adicarlle a Lois Pereira o Día das Letras Galegas 2011 foi unha decisión valiente da Academia,porque é un autor de culto, pero cando se difunda a súa obra será un autor moi popular".
Texto:Andrea Estévez Amoedo 2ºB ESO
Ilustración: Jesús Pérez Rodríguez 2ºC ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario