lunes, 23 de enero de 2012

Os mil grous do Covaterreña.




Coñecedes a súa lenda?




Os mil grous de origami (papiroflexia) son un conxunto de mil grous de papel unidos por cordas.



Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grous de papel recibirá un desexo, tal coma unha longa vida ou a recuperación dunha enfermidade.



Os mil grous de origami converteuse nun símbolo da paz, pola historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade (leucemia) producida pola radiación dunha bomba atómica. A súa historia é recollida nun libro chamado Sadako e os mil grous de papel.



Se queredes coñecer máis desta historia, só tes que visitar o noso espazo do club de lectura.









No hay comentarios:

Publicar un comentario