martes, 4 de diciembre de 2012

BIBLIOTECA SOLIDARIA.

Dende este centro estamos a participar na campaña "Comparte unha parte da túa parte". Nos cursos anteriores organizamos campañas solidarias para axudar a nen@s doutros paises, pero este ano, consideramos importante botar unha man aquí, pois a situación  actual así o precisa. A ONG Axuda ao mundo necesitado, será a que canalice a colaboración da pobóación baionesa, que sempre demostra ser solidaria.
Ademais de unha recollida de alimentos, dende o venres 7 ata o martes 11 de decembro (na Secretaría do Centro); O alumnado de 1º ciclo de Primaria participará no intercambio de alimentos por libros, na Biblioteca Pública de Baiona.
O mércores 12, o alumnado de 2ºCiclo de E. Primaria e de 1º da ESO levará  á sede da ONG en Baiona ,os alimentos recollidos.

Esta campaña está organizada polo equipo de MEDIACIÓN.


 Agradecemos anticipadamente a vosa colaboración.

2 comentarios:

  1. Gústounos moito a lectura deste artículo, é moi interesante. Ademáis con esta iniciativa axudamos aos nenos/as que non teñen comida. Tamén temos que preocuparnos pola saude do mundo.
    Temos que axudar aos que son máis pobres que nós.
    Que o pases moi ben LEntiña.
    Un bico e ata logo. De parte dos/as nenos/as de 2ºA

    ResponderEliminar
  2. Ola LEntiña:
    Agradecemosche estas mensaxes tan boas. Equivocácheste ao escribir MEDIACIÓN, puxeches medición.
    Por certo facia tempo que non falábamos, por iso estamos encantados.
    Nos siguen gustando moito os libros da biblioteca, nestas datas imos ler os contos do Nadal.
    Moitos biquiños e ata pronto LEntiña.

    ResponderEliminar