domingo, 12 de mayo de 2013

LEntiña e o Día das Letras Galegas.

Ola amig@s:

   Sabedes que este ano o día das letras galegas esta adicado a Roberto Vidal Bolaño e que tamén é o 150 aniversario da publicación do libro  "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.

   Para celebralo invítovos a tod@s a colaborar no "Libro dos nosos poemas".

   Cada clase escollerá un ou varios poemas (propios ou alleos) e os plasmará e ilustrará nunha ou varias follas de tamaño Din A3. Facede o traballo só por unha cara (en horizontal ou vertical) e, como se vai plastificar, tede coidado coa técnica que empregades.

   Coas aportacións que me fagades chegar o equipo da biblioteca os xuntará e formará o devandito libro que, coma o de "Alicia", quedará na nosa biblio para o disfrute de todos.

Lembrade que tedes unha "cesta de lectura" adicada á poesía na biblioteca.

   Aí vos deixo a miña aportación.


 " Cantarte hei, Galicia
   teus doces cantares,
   que así mo pediron
   na leira do mare.


   Cartarte hei, Galicia,
   na lingua galega
   consolo dos males,
   alivio das penas".
    
                 Rosalía de Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario