Este ano o homenaxeado é Xosé María Díaz Castro (1914-1989), poeta orixinario de Os Vilares , Guitiriz (Lugo).
Ed. Infantil.
ESMERALDA
Herba pequerrechiña
que xon medo sorrís
ó sol lque vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿ por que de ser pequena
te avergonzas de ti?
¡ O Universo sería
máis pequeno sen ti!
Ed.Primaria 1º Ciclo.
COMA VENTOS FUXIDOS.
Estes non son poemas, nin cimentos
de poemas siquera. Son fragmentos
de min mesmo perdidos,
coma ventos fuxidos,
por antigos camiños esquencidos:
¡Díaz Castro perdido no traxeito
dun recordo moi longo, recolleito
por un anxo e salvado
nangún intre de amor desesperado.
Ed. 2º Ciclo.
NOITE NO MUNDO.
¡Noite do mundo,oco
de estrela arrincada,
onde teimo verte
de repente arder
sobre a miña vida
case consumida
na ourela da nada!
Ai ter teu alento
no meu rostro ó fin,
e eu diante os teu ollos
derrubarme en lus,
esvaerme no aire
que ti vas beber,
ser o teu rastro,ser
o teu eco perdido
e,case, non ser.
¡Noite do mundo,oco
de estrela arrincada,
onde teimo verte
de repente arder
sobre a miña vida
case consumida
na ourela da nada!
Ai ter teu alento
no meu rostro ó fin,
e eu diante os teu ollos
derrubarme en lus,
esvaerme no aire
que ti vas beber,
ser o teu rastro,ser
o teu eco perdido
e,case, non ser.
Ed.Primaria 3º Ciclo.
REMUÍÑO
Xa se fincou nas pereiras
a primavera.Sentín
o vou-e-non-vou de marzo.
¡Xa no hai piedade pra min!
Pasou rispándome a quina
dun cabalo que non vin.
Brandeuse o ceo de vidro
aló por Ponte-Gafín.
Crebouse a paz coma un fío
nos dentes fríos de abril.
Perdido no remuíño,
¡xa no hai piedade pra min!
Ti, cabelos de ouro e de aire,
nena, ¿en que ceo te vin?
Chuchoume unha meiga os ollos,
ti xa no es metá de ti.
E.S.O.
PENÉLOPE.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"
Para coñecer algo máis da obra , podes escoitar unha canción feita cos versos de Díaz Castro da súa obra Nimbos. Xosé Manuel Díaz Castro.
Recursos para o profesorado (Cliquea na foto).
Seminario Galán. Ten tres apartados: documentos para imprimir, álbum de fotos e actividades en liña organizadas por niveis e temas.
Ola LEntiña:
ResponderEliminarEstás moi guapa polo día das Letras Galegas, cada día máis guapa.
Xa estivemos na túa biblioteca. Fun bailar á Riveira o día das letras galegas, gustouche? Tamén fomos ver o teatro dos tres porquiños.
Tes un filliño moi amable, sempre está durmindo no teu caparazón.
Te queremos moito LEntiña. Gústannos moito os teus libros. Hai moitos libros bonitos na biblioteca. Eres moi boa.
Moitos bicos, chao.
Ola LEntiña:
ResponderEliminarComo estás? Espero que estés moi contenta.
Que lle pasa ao hanster que estaba en bibliocóntame? Por que non está? Gustábanos xogar con él. Era moi gracioso.
O luns subiremos á biblio e te podemos facer un agasallo.
Chao LEntiña.
Feito por Gloria, Noa, Shayla e Fran.
Ola LEntiña:
ResponderEliminarPor que non nos contestades? É que ainda non chegou o noso comentario?
Gustaríanos que volvera o rato, era moi divertido. Prometemos traerche o regalo, olvidousenos.
Adeus LEntiña, un bico.
Noa, Gloria, Shayla e todos os de 1ºA.