miércoles, 30 de abril de 2008

Para celebrar o día do libro fixemos varias actividades ao longo da
semana, entre elas, ir á biblioteca municipal para saber como están colocados o libros e tamén que libros hai. Levamos algúns libros feitos por todos os alumnos de primaria do cole.Os
maiores fixeron o texto, 2º e 3º ciclo os debuxos do conto e os de
infantil a portada.
O día do libro, quitamos libros ao patio para lelos ao aire libre.Os
profesores déronnos unha piruleta ao coller o libro que queriamos ler,
xa que como todos sabedes,... ¡nada máis doce ca un libro!
Foi unha experiencia marabillosa, pasámolo moi ben, e xa lle pedimos
aos profesores volver facelo o vindeiro ano.

Agora podedes ver as fotos. (biblioteca municipal)




No hay comentarios:

Publicar un comentario