lunes, 9 de noviembre de 2009

CONCURSO DE POSTAIS NAVIDEÑAS


Trátase dun concurso organizado pola Asociación de veciños do Casco Histórico de Baiona (CA.HI.BA.) para aumentar o interés dos nenos neste barrio do seu pobo.
Pretenden editar unha serie de postais navideñas para felicitar as festas e utilizar os mellores debuxos dos nenos que participen no concurso para ilustrar ditas postais.

BASES:
Concurso de debuxo de postais navideñas co tema “O Nadal no Casco Histórico de Baiona”.
Os debuxos entregaranse en soporte A4, utilizando técnica libre e identificándoos pola parte de atrás co nome e apelidos do autor, idade, curso e colexio o que pertenence.
Poderá participar todo o alumnado de primaria do concello de Baiona baixo a supervisión dun adulto.
A data límite de entrega será o día 23 de novembro de 2009, serán os profesores titores os que recollerán os traballos. Os delegados de 5º e 6º de primaria levarán todos os traballos as oficinas de “Atención ao ciudadán” do Concello de Baiona.
A asociación CA.HI.BA. elexirá de entre todos os traballos 1 traballo gañador que servirán como ilustración para editar unha serie de postais navideñas que usará a asociación para felicitar as festas.
O xurado poderá otorgar mencións especias aqueles traballos que destaquen polo interese prestado e a calidade da presentación.
Todos os traballos serán devoltos os seus donos o finalizar o concurso e non poderán usarse con outros fins.
A participación neste concurso implica a aceptación destas bases
.



¡¡¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!

PINCHA EN "fotos" para ver lugares moi fermosos de Baiona e que pode ser que che sexan de guia para facer a túa postal.
As fotos foron quitadas polo noso xefe de estudos. Grazas Fran.

No hay comentarios:

Publicar un comentario