Está previsto que a finais deste mes de novembro ou durante o mes de decembro chegue ás costas galegas de Baiona o Scarlet Knight ou cabaleiro escarlata (RU27 no seu nome máis técnico), un robot submarino que chega tras cruzar todo o océano Atlántico. O enxeño empezou a súa viaxe o pasado 27 de Abril cando científicos da universidade de Rutgers (New Xersei) botárono ao mar.
Durante todo este tempo o robot, de 2.4 metros e 57 quilos de peso percorreu máis de 5700 quilómetros, enfrontándose a tormentas, temporais e ata o ataque de luras xigantes.
O cabaleiro pertence ao grupo de robots submarinos coñecidos como planeadores ou gliders que son utilizados para coñecer datos dos nosos océanos tales como velocidade das correntes, temperatura, salinidade, etc.
O funcionamento do robot é relativamente simple, e a efectos prácticos funciona como un submarino normal. O robot parte da superficie desde onde inicia un descenso, tras alagar os seus taques interiores con axuda dun pistón e estabilízase a unha determinada profundidade. Tras isto o robot desprázase axudado polo seu motor e polas correntes ata horas despois cando volve á superficie (realizaría unha parábola debaixo da auga, simplificando moito o tema) para poder transmitir vía satélite os datos recolleitos, a súa posición, etc. e poder recibir ordes desde o centro de control.
O robot presenta aleróns laterais para poder estabilizarse, así como un motor alimentado por baterías de litio e diversos sensores para realizar o seu labor científico.
Este Scarlet Knight (o nome débese ao equipo de fútbol da universidade) é o segundo xa que o primeiro perdeuse o ano pasado cando tras pasar á altura de Madeira entrou auga nas súas baterías.
A chegada ao porto de Baiona tampouco é unha casualidade. En principio o seu destino era a zona de Touriñán, xa que se pretende rememorar a chegada da Pinta a esta localidade.
el robot on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario